+34 981 792 056
maderas gallegas
logo-UE2

  • en
  • es
  • gl

A crise non afecta ao sector da madeira

Por Redacción HGR el 17 Xullo, 2014 en Actividade da empresa, Novas, Os nosos logros
0

En Betanzos, o sector da madeira os seus derivados é un sector clave. Máis concretamente, en Oza-Cesuras, das tres empresas de maior facturación, dúas delas pertencen ao sector da madeira, e unha delas é Hermanos García Rocha, cunha facturación de 6.2 millóns en 2012 (Informe Ardán). Reflexo da importancia deste sector na economía galega foi a visita do conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, ás nosas instalacións.

Hermanos García Rocha somos unha empresa pertencente ao sector das madeiras galegas. A nosa actividade abrangue dende a explotación forestal (piñeiro e eucalipto fundamentalmente) ata os seus produtos derivados para o sector da construción, mobles ou comercio. Malia a crise conseguimos incrementar as cifras de vendas e emprego, e aumentar así a importancia que a nosa empresa ten dentro da economía do noso municipio de Oza-Cesuras.

(El Comarcal, julio 2014)