Do 20 ao 24 de outubro, estaremos na Wodd Fab Lab Week - Semana da madeira na arquitectura, organizada por Confemadera Galicia e o Grupo de Estruturas en Madeira da UDC e na que se promove a creación de prototipos en madeira.
Para iso organízase o concurso de ideas Ponte Arcuato conclúe coa construción do prototipo dun punto de información que se realizará coa colaboración do sector da madeira, e a ETSAC celebra unha semana de actividades para promover o coñecemento sobre a madeira mediante a aprendizaxe colaboradora para a creación de prototipos innovadores.
Unha iniciativa pioneira en España que funciona como un laboratorio de fabricación de madeira, un makerspace para a creación de prototipos innovadores, mediante a aprendizaxe colaboradora e a participación do alumnado ao longo de todo o proceso de deseño e construción.
As actividades, que se desenvolven na Escola Técnica Superior de Arquitectura, contan coa colaboración de Confemadera Galicia e son de acceso libre para profesionais interesados na madeira.
Hermanos García Rocha participamos facilitando os rasteles de piñeiro , para que os alumnos transforman mediante ferramentas de corte e a instrumentación que integra o incipiente Fab Lab de la Escuela de Arquitectura.
Con iso farase a exposición que a Asociación Xuvenil Perspectivas, formada por estudantes de arquitectura e enxeñarías, coas propostas do concurso Ponte Arcuato no que se recreará a atmosfera dun bosque, co tamizado de luz característico de formas similares que cambian en altura e dimensión, o tacto e o olor da madeira acompañarán o percorrido no que se van dispoñendo as propostas do concurso Ponte Arcuato.
Confemadera Hábitat Galicia
A industria da madeira é un dos sectores estratéxicos de Galicia. Segundo o IGE representa o 9,9% do valor engadido industrial e o 12,4% de emprego industrial. O IGE destaca o papel relevante nas economías locais, en 52 concellos rurais esta actividade industrial representa o 30% das industrias asentadas. A facturación desta industria en Galicia ascende a 1.668 millóns de euros, e as exportacións suman 769,9 millóns de euros. O emprego directo supera os 20.000 e o indirecto os 50.000 empregados.
Hermanos García Rocha somos parte desta industria e estamos comprometidos coa innovación e o futuro da madeira en Galicia, colaborando cos futuros profesionais da arquitectura e enxeñaría.