O Conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, declarou, dentro da visita que realizou ás instalacións de Hermanos García Rocha, que o sector da madeira foi a actividade que tivo un maior crecemento.
Unha as razóns deste incremento foi a gran demanda de produtos de embalaxe por parte do sector industrial e da alimentación. En palabras do conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, o incremento do 15% das vendas dos serradoiros galegos en 2013 demostra que este sector crea emprego no medio rural e na economía galega en xeral, contribuíndo ao crecemento desta.