+34 981 792 056
maderas gallegas

  • en
  • es
  • gl

Proyecto piloto Fábrica 4.0

Por Redacción HGR el 3 Febreiro, 2017 en Novas, Os nosos logros, Tecnoloxías
0

O IGAPE vén de conceder a Hermanos García Rocha, unha axuda para a adquisición e posta en funcionamento dunha liña de optimizado de táboas e taboleiros a dúas caras, mediante canteadora automática comandada por escaner transversal e tres posicionamentos dos discos de canteado.

Tamén unha máquina de reaserrar, desdobladora inclinada para madeira grosa dirixida por posicionamento electrónico e montada sobre dobre guía de correduría.

Con este investimento actualizamos a nosa cadea de produción, adaptándonos ao mercado actual, posibilitando a fabricación de medidas necesarias nun curto espazo de tempo e aproveitar a materia prima outras aplicacións ás que non nos é posible actualmente.

A axuda concedida conta co financiamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, con cargo ao programa operativo FEDER Galicia (2014-2020)

 

FEDER

Acerca do autor

Redacción HGRVer todas las entradas de Redacción HGR