+34 981 792 056
maderas gallegas

  • en
  • es
  • gl

O conselleiro de Economía e Industria visita as nosas instalacións

Por Redacción HGR el 17 Xullo, 2014 en Actividade da empresa, Novas, Os nosos logros
0

Francisco Conde, conselleiro de Economía e Industria visitou as nosas instalacións de Hermanos García Rocha o día 10 de maio de 2014.

Nesta visita falo do aumento do 10% nas exportacións do sector da madeira no último exercicio, sendo Galicia a comunidade que máis exportou dentro de España. Tamén sinalou a importancia que ten a innovación dentro do sector de cara a incrementar a competitividade e abrir novos mercados. Destacou tamén o compromiso da nosa empresa, Hermanos García Rocha, á hora de impulsar a creación de produtos e de valorizar os subprodutos, promover a súa diversificación e de contar con selos de certificación forestar sostible.

Resaltou a importancia que ten Hermanos García Rocha, o seu “bo facer” que nos levou a ser un referente dos serradoiros galegos, desenvolvendo produtos a nivel nacional e internacional, desempeñando unha actividade fundamental para a dinamización da nosa economía.

Xa dentro do sector da madeira en xeral subliñou que no último ano chegou a facturar 1.700 millóns de euros (incremento do 2.6% en relación ao 2012) sendo a actividade industrial galega que máis emprego xera (6,6% da poboación activa).

(El ideal Gallego 9/5/2014)

Coselleiro-industria_Hermanos-Garcia-rocha-maderas_2 Coselleiro-industria_Hermanos-Garcia-rocha-maderas_3