+34 981 792 056
maderas gallegas

  • en
  • es
  • gl

En 2013 os serradoiros galegos facturaron 392 millóns

Por Redacción HGR el 17 Xullo, 2014 en Actividade da empresa, Novas, Os nosos logros
0

O Conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, declarou, dentro da visita que realizou ás instalacións de Hermanos García Rocha, que o sector da madeira foi a actividade que tivo un maior crecemento.

Unha as razóns deste incremento foi a gran demanda de produtos de embalaxe por parte do sector industrial e da alimentación. En palabras do conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, o incremento do 15% das vendas dos serradoiros galegos en 2013 demostra que este sector crea emprego no medio rural e na economía galega en xeral, contribuíndo ao crecemento desta.

(CRTVG. Telexornal 9/5/2014)